Author picture

O PRESIDENTE DA RSEAPS, NA REUNIÓN EN MADRID DA RED DE REALES SOCIEDADES ECONÓMICAS DE ESPAÑA

Francisco Loimil participou no encontró que serviu para preparar o próximo Congreso destas institucións xurdidas na Ilustración, que terá lugar en Tenerife

O presidente da Real Sociedad Económica de Amigos del País de la Ciudad de Santiago, Francisco Loimil Garrido, participou o pasado 14 de febreiro, en Madrid, nunha nova reunión da Red de reales Sociedades Económicas de España, que tivo lugar na sede histórica da Real Sociedad Económica Matritense de Amigos del País, que actuou como anfitriona.

Foi un encontro de traballo no que participaron tamén representantes das Reales Sociedades de Avilés, Aragón, Badajoz, Jaén, Murcia, Gran Canaria, Tenerife e Madrid, e que serviu para avanzar en proxectos comúns, así como para consolidar a cooperación entre esas institucións, reafirmando o seu compromiso cos principios ilustrados de utilidade pública, difusión do coñecemento e fomento do progreso económico e social.

A reunión do pasado sábado en Madrid configurouse como un espazo de diálogo plural, que reflicte a dimensión nacional que ten este movemento institucional, nado no século XVIII, ao albur das reformas acometidas pola Ilustración. Ademais, permitiu abordar distintas liñas estratéxicas orientadas a reforzar a visibilidade e o impacto social das Reales Sociedades no contexto actual.

Entre os asuntos tratados, destacou a preparación do próximo Congreso Nacional de Reales Sociedades Económicas de Amigos del País, que terá lugar na cidade canaria de Tenerife. Xunto a iso, a reunión de Madrid reafirmou o papel da Real Sociedad Económica Matritense como punto de encontro e de coordinación entre institución irmás, mantendo con iso vivo o espírito e o legado ilustrado, e promovendo a análise rigorosa dos retos actuais, dende unha perspectiva de servizo ao ben común e ao interese xeral.

Compartir Noticia

Facebook
WhatsApp
Email
Twitter
LinkedIn
Resumen de privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.