Author picture

PASCUAL SALA: “A CONSTITUCIÓN ESPAÑOLA É A MÁIS COMPLETA DO MUNDO EN CANTO A DEREITOS FUNDAMENTAIS DOS CIDADÁNS E O CONTIDO SOCIAL QUE LLES ASIGNA”

  • O ex presidente do TC cré que a cidadanía debe “conñecer plenamente eses dereitos, a súa importancia e significación social, independentemente das conviccións políticas”
  • Juan Antonio Xiol, ex vicepresidente do TC, defende que o procedemento de nomeamento dos maxistrados dese Tribunal “garanta a autoridade e a solvencia moral dos seus membros”

O ex presidente do Tribunal Constitucional, do Tribunal Supremo, do Consello Xeral do Poder Xudicial e do Tribunal de Contas, Pascual Sala Sánchez, e o ex presidente da Sala Primera do Tribunal Supremo, ex vicepresidente do TC e ex vogal do CXPX, Juan Antonio Xiol Ríos, disertaron esta tarde na Real Sociedad Económica de Amigos del País de la Ciudad de Santiago (RSEAPS) sobre a relación entre o Tribunal Constitucional e a sociedade.

Na mesa de debate, Pascual Sala afirmou que “a Constitución Española, en canto ao elenco de dereitos fundamentais que recoñece e o contido social que lles asigna, é quizais a máis completa do mundo”, dado que “non se trata dun conxunto de principios retóricos susceptibles dun desenvolvemento posterior dacordo coas diversas posicións políticas, senón que ten completo valor normativo”.

É por iso que o maxistrado cré que “sería convinte que a ciudadanía teña coñecemento pleno dese conxunto normativo”, así como da “súa importancia e significación social, independentemente das conviccións políticas personais”. Segundo el, os cidadáns lograrían así “aceptar a verdadeira significación social” da Carta Magna, que vai máis aló das ideas ou tendencias políticas dos cidadáns, e porque dese xeito “aceptarían a verdadeira significación que ten un Estado de Dereito cando vai acompañado do seu contido social e democrático, como sucede na nosa Constitución, e polo tanto, cos caracteres de igualdade, solidariedade e pluralismo político que o definen”.

Respectar a independencia do TC no seu funcionamento e renovacións

Na súa intervención, Sala defendeu tamén a independencia de actuación do Tribunal Constitucional, así como as garantías que a protexen no texto constitucional, o que para el é absolutamente necesario para “o adecuado cumprimento das súas funcións”. Tamén, abogou polo “cumprimento das previsións constitucionais e da súa Lei Orgánica 2/1979, de 3 de outubro, con tódalas súas modificacións posteriores”, á hora de abordar as renovacións do TC. E lembrou que ese contido recóllese entre outros artigos que publicou, no seu comentario ao artigo 159 da Carta Magna, publicado no Comentario Mínimo de la Constitución Española, editado por Santiago Muñoz Machado (editorial Planeta S.A., Crítica, 2018).

Antes de todo iso, o ex presidente do TC lembrara a configuración dese tribunal na Constitución Española como “unha xurisdicción concentrada, independente polo tanto da Xustiza ordinaria, a modo dunha peza de peche e garantía do Estado Social e Democrático de Dereito, que a  propia Carta Magna proclama no seu artigo 1º”. “Nel”, engadiu Sala, “establécense as seguintes e esenciais funcións: a) Garantir a supremacía da Constitución Española como primeira norma do ordenamento xurídico á que se encontran supeditadas tódalas demais, así como os poderes públicos e os cidadáns; b) Asegurar e manter o equilibrio entre os poderes do Estado, resolvendo os conflitos que poideran orixinarse no exercicio das súas competencias; c) Asegurar o artellamento territorial do Estado composto que deseña a Constitución Española, pero que non resolve de modo definitivo; d) Protexer e garantir a efectividade e vixencia dos dereitos fundamentais aos que se refire o Título I da Constitución no seu Capítulo II (dereitos fundamentais e liberdades públicas, dereitos w deberes dos cidadáns, e principios reitores da política social e económica)”. 

Non adscribir as decisións do TC a unha ou outra tendencia política

Pola súa banda, Juan Antonio Xiol opina que “o feito de que a norma constitucional estea constituída por preceptos na súa meirande parte de carácter amplo e xeral, leva a que o Tribunal Constitucional véxase obrigado a un labor de adaptación da Carta Magna a situacións particulares moi diversas e imprevistas no momento de redactar a norma fundamental, tarefa na que non sempre consigue o seu propósito”. Por iso, segundo el, “a valoración da xurisprudencia constitucional debe facerse con rigor, partindo de criterios xurídicos, especialmente fixándose na coherencia do Tribunal coas súas propias decisións anteriores e na necesidad de que a separación dos precedentes estea dotada dunha xustificación razoable e convincente”. E abogou por “fuxir da tentación de adscribir constantemente as decisións do TC en casos difíciles, a unha ou otra tendencia política”.

Dacordo con Xiol Ríos, malia que “o TC naceu como un órgano que pretende ser a coroación do Estado de Dereito e concebiuse a súa función como a de facer presentes os valores da Constitución resolvendo problemas políticos con criterios xurídicos (en palabras do seu primeiro presidente, Manuel García Pelayo)”, pronto advertiuse que iso “xeraba especiais problemas”. Entre outras cousas, porque “transformar a Constitución nunha norma xurídica de directa aplicación, supón que xa non é posible seguir o método xurídico clásico, baseado na noción de inferencia propia do chamado siloxismo subsuntivo, senón que require que o razoamento xurídico estea impregnado de ponderacións baseadas en elementos extraídos da realidade política social e económica da comunidade”.

O ex vicepresidente do TC considera que iso redunda en especiais esixencias para o nomeamento dos maxistrados dese Tribunal, “pois parece convinte, segundo moitos pensadores, que nel participen os representantes políticos da comunidade, sen perder o obxectivo de que ese procedemento de selección garanta a autoridade e a solvencia moral dos seus membros”, de tal xeito que “sexan quen de atopar solucións neutras, acreditadas como tales ao longo do tempo pola súa aplicación con efectos positivos a persoas e a situacións moi diferentes”.

O diálogo institucional coa sociedade xustifica a función do TC

Por último, Xiol Ríos sinalou que “o diálogo institucional coa sociedade, derivado das reaccións do Tribunal á crítica das súas decisións por parte da maioría da comunidade xurídica e social, constitúe tamén un elemento capital para xustificar a función do TC”. “O Tribunal Constitucional”, concluiu, “debe respectar certos principios que contribúen a garantir a súa independencia e atino, como o de autorrestrición, que significa que o Tribunal non pode resolver tódolos problemas, nin é a súa función implantar políticas de carácter social, económico ou familiar, senón que é máis modesta e debe limitarse a tratar de resolver aqueles problemas que son asequibles para os coñecementos e función dos maxistrados”. “No mundo moderno, dada a heteroxeneidade dos ordenamentos xurídicos, o TC debe adscribirse ao que se chamou o diálogo de tribunais, que non é outra cousa senón o intento de participar nun labor común entre tódolos tribunais de diferente grao e de diferentes ordenamentos xurídicos, na solución dos problemas prácticos que a sociedade plantexa e a cuxa solución cooperan conxuntamente”.

A mesa de debate sobre Tribunal Constitucional e sociedade, na que Roberto Blanco Valdés, catedrático de Dereito Constitucional da USC, actuou como moderador e presentou aos maxistrados Sala e Xiol, e que encabezou o presidente da Real Sociedad Económica compostelana, Francisco Loimil Garrido, forma parte do programa para 2025 do ciclo “Compostela 2023-2027. Presente e futuro”, que organiza a Real Sociedad Económica compostelá.

Blanco Valdés afirmou que, “dende as súas orixes, a Xustiza constitucional plantexou un problema fundamental: o de quen vixía ao vixiante”. “A Xustiza constitucional, os tribunais constitucionais”, engadiu, “realizan un labor esencial no Estado de Dereito, pero ese labor esixe a independencia dos propios tribunais, que a fin de contas non son máis que árbitros, e os árbitros sempre teñen que ser imparciais”.

Compartir Noticia

Facebook
WhatsApp
Email
Twitter
LinkedIn
Resumen de privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.