Author picture

PASCUAL SALA E JUAN ANTONIO XIOL DEBATIRÁN NA REAL SOCIEDAD ECONÓMICA SOBRE A CONEXIÓN ENTRE O TRIBUNAL CONSTITUCIONAL E A SOCIEDADE

A Real Sociedad Económica de Amigos del País de la Ciudad de Santiago (RSEAPS) acollerá mañá, martes 3 de xuño, ás 19,30h, unha  nova mesa de debate, “Tribunal Constitucional e sociedade: un diálogo necesario”, que protagonizarán o ex presidente do TC,  do Tribunal Supremo, do Consejo General del Poder Judicial e do Tribunal de Cuentas, Pascual Sala Sánchez, e o ex presidente da Sala Primera do Tribunal Supremo, ex vicepresidente do Tribunal Constitucional e ex vogal do Consejo General del Poder Judicial Juan Antonio Xiol Ríos.

Pascual Sala

Juan Antonio Xiol

O encargado de presentar aos dous maxistrados será Roberto Blanco Valdés, catedrático de Dereito Constitucional da Universidade de Santiago de Compostela, nunha mesa que encabezará o presidente da RSEAPS, Fracisco Loimil Garrido, e que forma parte da programación para 2025 do ciclo “Compostela 2023-2027. Presente e futuro”, organizado pola Real Sociedad Económica compostelá.

Como tódalas súas actividades, o acceso para o público é libre e gratuíto ata completar o aforo da sala. Ademais, a mesa de debate será retransmitida en directo a través da canle de You Tube da Real Sociedad: RSEAPS-Amigos del País https://www.youtube.com/@rseamigosdelpaissantiago mediante a ligazón: https://youtube.com/live/jRJRvwBACjE?feature=share

Compartir Noticia

Facebook
WhatsApp
Email
Twitter
LinkedIn
Resumen de privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.