Patricia Cupeiro López, profesora axudante doutora de Historia da Arte da USC, profundizará mañá, mércores 9 de abril, ás 19,30h, na sede da Real Sociedad Económica de Amigos del País de la Ciudad de Santiago (RSEAPS) sobre a figura do sacerdote ferrolán, doutor en Teoloxía, mecenas e conselleiro real, Manuel Fernández Varela.
A profesora, que será presentada por Pilar Alén Garabato, profesora titular de Historia da Arte da Universidade compostelá, nunha mesa que encabezará o vicepresidente da Real Sociedad de Santiago, José Manuel García Iglesias, pronunciará a conferencia “Manuel Fernández Varela. De colexial de Fonseca a mecenas”, a partir dun retrato do clérigo ilustrado que forma parte da pinacoteca da RSEAPS.
Precisamente, a charla está incluída no ciclo “A Real Sociedad Económica de Amigos del País de la Ciudad de Santiago e os seus Fondos Artísticos”, organizada por esta institución en colaboración co Grupo de Investigación Iacobus da Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago (USC).
Como tódalas mesas de debate dese ciclo, o acceso é libre e gratuíto para o público ata completar o aforo da sala, tra-la conferencia abrirase unha quenda de preguntas na que poderán participar tódolos asistentes e será retransmitida en directo a través da canle de You Tube da RSEAPS (https://www.youtube.com/@rseamigosdelpaissantiago), mediante a ligazón: https://youtube.com/live/RnpZd0K6PFQ?feature=share



