Author picture

PATRICIA CUPEIRO:”É NECESARIO DIVULGAR O LEGADO DE MANUEL FERNÁNDEZ VARELA, UN MECENAS DO SÉCULO XIX VINCULADO A COMPOSTELA”

A profesora de Historia da Arte da USC enxalzou na Real Sociedad Económica de Santiago a figura do teólogo, mecenas e conselleiro real ferrolánLa profesora de Historia del Arte de la USC ensalzó en la Real Sociedad Económica de Santiago la figura del teólogo, mecenas y consejero real ferrolano

A profesora axudante doutora de Historia da Arte da USC Patricia Cupeiro López glosou na Real Sociedad Económica de Amigos del País de la Ciudad de Santiago (RSEAPS) a figura do sacerdote, doutor en Teoloxía, mecenas e conselleiro real ferrolán Manuel Fernández Varela, que para ela “foi un personaxe influínte, moi pouco recoñecido ata a data mailia o seu destacable labor de mecenado e filantropía, e cuxo legado é necesario divulgar”.

A conferenciante salientou en primeiro lugar “a súa especial vinculación con Galicia e con Santiago de Compostela, sobre todo pola súa relación co Colexio Fonseca -onde foi becado para estudar e con cuxa banda chegou ser soterrado-, e polo seu nexo coa RSEAPS, á que legou unha das copias do seu retrato, pintado por Vicente López Portaña no ano 1829.

A semblanza de Fernández Varela arrancou precisamente da análise artística dese cadro, que forma parte da pinacoteca da Real Sociedad compostelá, “cuxa primeira versión”, destacou tamén, “custodia a Real Academia de Bellas Artes de San Fernando e que acadou unha grande notoriedade e difusión internacional, xa que figurou na nómina das pinturas españolas elixidas para formar parte da Exposición Universal que tivo lugar en Londres no ano 1862”.

Para ilustrar a relevancia do prelado ferrolán na sociedade decimonónica, lembrou que ocupou entre outros cargos, os de deán da catedral de Lugo, dignidade da Iglesia Primada de Toledo e comisario xeral da Cruzada. “Ademais, foi cabaleiro da Orden de Carlos III, correspondente da Academia de la Historia, protector do Santo Hospital de Caridade de Ferrol e viceprotector da Real Academia de Bellas Artes de San Fernando”, engadiu. “Galdós recoñeceulle como un verdadero prócer; Larra dedicoulle un extenso poema no que alababa a súa virtud bienhechora; e Rossini escribiu por encargo un stábat mater dedicado a el… e malia gozar en vida dun grande recoñecemento como benefactor das letras e das artes, a súa morte pasou inadvertida”. 

A doutora en Historia da Arte agradeceu especialmente a oportunidade que lle brindou a RSEAPS “para dar a coñecer o seu patrimonio, achegarnos á historia daqueles personaxes que contribuíron ao mantemento desa institución e ao acrecentamento das súas coleccións”.

A charla forma parte do programa de 2025 do ciclo “A Real Sociedad Económica de Amigos del País de la Ciudad de Santiago e os seus fondos artísticos”, organizado en colaboración co Grupo de Investigación IACOBUS da Facultade de Xeografía e Historia da Universidade compostelá. Cupeiro López foi presentada por Pilar Alén Garabato, profesora titular de Historia da Arte da Universidade de Santiago de Compostela, nunha mesa de debate que encabezou o vicepresidente da Real Sociedad Económica de Santiago, José Manuel García Iglesias.

Compartir Noticia

Facebook
WhatsApp
Email
Twitter
LinkedIn
Resumen de privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.