- Museo Virtual
- Galería Pictórica
- Rei Carlos II, o Enfeitizado
Rei Carlos II, o Enfeitizado
-
Retrato
Rei Carlos II, o Enfeitizado
-
Autor
Descoñecido
-
Datación
Último terzo do séc. XVII
-
Medidas
169 x 114 cm
-
Técnica
Óleo sobre lenzo
-
Sinatura
Non consta
-
Restauración
María Carrascal Aguirre (1989-1990)
-
Descripción
Retrato do monarca Carlos II no que aparece de pé, de corpo enteiro, en posición erguida e coa mirada fixa no espectador. Elegantemente vestido, leva a cadea co vellón de ouro que colga no peito e vai armado cunha espada, reunida na vaina que colga da cintura. Leva na man dereita unha carta pechada, símbolo de poder, e aparece enmarcado por unha gran cortina tirada que o separa do fondo, á esquerda, e unha mesa á dereita, sobre a que hai un coxín sobre o que apoia a man esquerda, baixo a cal aparece un gran león coa bola mundial, símbolo do poder real. Trátase dunha obra que encaixa no retrato oficial ou “aparato”, que pretende mostrar coa maior solemnidade posible a condición da persoa representada.
-
Exposicións
-
Reproduccións
-
Bibliografía