- Museo Virtual
- Galería Pictórica
- Rei Fernando VI, o Xusto
Rei Fernando VI, o Xusto
-
Retrato
Rei Fernando VI, o Xusto
-
Autor
Descoñecido
-
Datación
Segundo cuarto do séc. XVIII
-
Medidas
204 x 145 cm
-
Técnica
Óleo sobre lenzo
-
Sinatura
Non consta
-
Restauración
-
Descripción
Retrato de Fernando VI representado de pé, de corpo enteiro, en posición erguida e coa mirada fixa no espectador. Elegantemente vestido e cunha longa perruca branca, sobresae no abrigo a faixa azul da orde militar á que pertence e a cadea co vellón de ouro que leva ao pescozo. Está enmarcado pola cadeira de brazos real, tapizada en vermello, á súa dereita, e por unha cortina trazada ao fondo e unha mesa diante, á súa esquerda. Sobre a mesa, cuberta por un gran mantón vermello, e cun coxín vermello enriba, colócanse dous dos principais símbolos do poder real: o cetro e a coroa, sobre a que apoia a man do monarca. Trátase dunha obra que encaixa no retrato oficial ou “aparato”, que pretende mostrar coa maior solemnidade posible a condición da persoa representada.
-
Exposicións
-
Reproduccións
-
Bibliografía