PRESENTACIÓN DO LIBRO DA AUTORA GALARDOADA CO SÉPTIMO PREMIO DOMINGO FONTÁN DE INVESTIGACIÓN HISTÓRICA

A Real Sociedad Económica de Amigos del País de la Ciudad de Santiago será escenario, mañá, xoves 13 de xullo, ás 19,30h, da presentación do libro “Socorrer enseñando. La Real Sociedad Económica y la literatura artística en Compostela”, obra pola que Miriam Elena Cortés López acadou nesta edición o Premio Domingo Fontán de investigación histórica, galardón bianual organizado pola Universidade de Santiago, o Consorcio de Santiago e a RSEAPS, co patrocinio da Deputación da Coruña.

No acto de presentación do traballo de Cortés López, coeditado polo Consorcio de Santiago e a USC, intervirán Belén Hernández Lafuente, xerente do Consorcio compostelán, Francisco Loimil, presidente da RSEAPS, a autora da obra premiada, Antonio López Díaz, reitor da USC, e Goretti Sanmartín Rei, alcaldesa de Santiago e presidenta do Consorcio, que pechará o acto.

Cortés López recibiu o galardón -polo que obtivo un premio en metálico de 2.000 euros e a publicación da súa obra- o pasado 3 de maio, nun acto celebrado na sala de xuntas da RSEAPS, que presidiron el reitor da Universidade compostelá, López Díaz, o responsable de Publicacións do Consorcio de Santiago, Juan Conde Roa, e o presidente da RSEAPS, Lomil. Na entrega foi presentada a oitava convocatoria do Premio Domingo Fontán (2022-2023), ao que se poderán presentar traballos ata o 29 de setembro de 2023. O xurado emitirá o seu veredicto ao longo do mes de decembro deste ano.

Compartir Noticia

Facebook
WhatsApp
Email
Twitter
LinkedIn