A sala de xuntas da Real Sociedad Económica de Amigos del País de la Ciudad de Santiago será escenario mañá, mércores 18 de setembro, ás 19,30h, da presentación do libro “Del ferrocarril compostelano a la alta velocidad, 150 años de imágenes e historias contadas”, obra de Carlos Abellán Ruiz -socio da RSEAPS- e varios colaboradores.
Abellán será presentado polo exconselleiro de Infraestructuras da Xunta de Galicia e exalcalde de Santiago Agustín Hernández Fernández de Rojas, nunha mesa que encabezará o presidente da Real Sociedad Económica, Francisco Loimil Garrido.
O acceso ao acto para o público é libre e de balde, ata completar aforo da sala, e será retransmitido en directo, ademais, a través da canle de you tube da RSEAPS (RSEAPS-Amigos del País https://www.youtube.com/@rseamigosdelpaissantiago), mediante a seguinte ligazón: