Author picture

PRESENTACIÓN DO LIBRO “YO, RAJEL EZRA. LA AMANTE DE ALFONSO VIII”, DE R.K. YAFA, NA RSEAPS

Mañá, martes 14 de maio, ás 19,00h, a sede da Real Sociedad Económica de Amigos del País de la Ciudad de Santiago, acollerá a presentación do libro “Yo, Rajel Ezra. La amante de Alfonso VIII”, obra de R.K. Yafa.

A obra desvela aspectos históricos non coñecidos sobre Alfonso VIII, a súa amante, a batalla das Navas de Tolosa, O Paso Honroso de Suero de Quiñones ou o Evento de Armas de 1434, derivadas da investigación realizada pola autora a raíz dunha serie de coincidencias persoais con varios personaxes históricos, que se produciron tras realizar a escritora o Camiño de Santiago.

O encargado de presentar a R.K. Yafa será José Manuel García Iglesias, catedrático emérito de Historia de Arte da USC e vicepresidente da RSEAPS, e conducirá o acto, Francisco Loimil Garrido, presidente da Real Sociedad.

O acceso ao acto de presentación do libro de R.K. Yafa é libre e de balde ata completar o aforo da sala. Ademais, será retransmitido a través da canle de You Tube da RSEAPS: RSEAPS-Amigos del País https://www.youtube.com/@rseamigosdelpaissantiago mediante a ligazón: https://youtube.com/live/OdSa3xa6F2w?feature=share

Compartir Noticia

Facebook
WhatsApp
Email
Twitter
LinkedIn