O director do Museo da Catedral de Santiago, Ramón Yzquierdo Peiró, desvelará mañá mércores, a partir das 19,30h, os misterios que rodean á “Cruz de la Inquisición”, unha peculiar peza que forma parte do patrimonio da Real Sociedad Económica de Amigos del País de la Ciudad de Santiago, que loce a día de hoxe na sala de xuntas desa institución e cuxa orixe é prácticamente desconocida.
Será a última das conferencias en 2024 do ciclo “A Real Sociedad Económica de Amigos del País de la Ciudad de Santiago e os seus fondos artísticos”, organizada pola RSEAPS en colaboración co Grupo de Investigación IACOBUS da Facultade de Xeografía e Historia da USC.
A conferencia de Yzquierdo Peiró, que será presentado por Patricia Cupeiro López, profesora axudante doutora de Historia da Arte da USC, nunha mesa que encabezará o presidente da Real Sociedad, Francisco Loimil Garrido, leva por título “A cruz da Inquisición, testemuña dun tempo pasado”.
O acceso para o público é libre e gratuito ata completar o aforo da sala. Ademais, está programada a emisión en directo da conferencia, á que seguirá un coloquio cos asistentes, pola canle de You Tube da RSEAPS: RSEAPS-Amigos del País https://www.youtube.com/@rseamigosdelpaissantiago a través da ligazón: https://youtube.com/live/Ya5ejVZ2N74?feature=share