Author picture

RETRATO DO BISABÓ DO REI FELIPE VI NA REAL SOCIEDAD ECONÓMICA

María Dolores Barral Rivadulla, profesora titular de Historia da Arte e vicedecana da Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago (USC), disertará sobre a figura de Alfonso XIII, bisabó do actual monarca, Felipe VI, na Real Sociedad Económica de Amigos del País de la Ciudad de Santiago.

A mesa de debate, última deste ano 2025 do ciclo “A RSEAPS e os seus fondos artísticos”, organizado en colaboración co Grupo de Investigación IACOBUS, da Facultade de Xeografía e Historia, terá lugar mañá, mércores 10 de decembro, ás 19,30h.

A intervención de Barral Rivadulla, titulada “Alfonso XIII, un rei en Compostela”, basearase nun retrato de Alfonso XIII que forma parte do patrimonio pictórico da Real Sociedad compostelá, e contará coa participación de Ana Pérez Varela, profesora axudante doutora de Historia da Arte da USC, que será a encargada de presentar á ponente, e do presidente da RSEAPS, Francisco Loimil Garrido, que encabezará a mesa.

O acceso para o público -que poderá formular cuestións trala intervención da conferenciante- é libre e gratuíto, ata completar o aforo da sala. Ademais, a mesa de debate poderá seguirse en directo a través da canle de you tube da Real Sociedad: RSEAPS-Amigos del País https://www.youtube.com/@rseamigosdelpaissantiago

mediante a ligazón: https://youtube.com/live/ObcgarMB7m8?feature=share

Compartir Noticia

Facebook
WhatsApp
Email
Twitter
LinkedIn
Resumen de privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.