Author picture

REY CABEZUDO REPASARÁ NA REAL SOCIEDAD ECONÓMICA A TRASCENDENCIA DE MARÍA CRISTINA E O SEU FILLO ALFONSO XIII NA RESTAURACIÓN ESPAÑOLA

A investigadora da Facultade de Xeografía e Historia da USC, especializada en Historia da Moda, Mónica Rey Cabezudo, protagonizará mañá, mércores 8 de outubro, ás 19,30h, na Real Sociedad Económica de Amigos del País de la Ciudad de Santiago (RSEAPS), a mesa de debate “María Cristina e Alfonso XIII. A nai rexente e un neno chamado a ser rei”.

Mónica Rey Cabezudo

A ponencia de Rey Cabezudo, incluída na programación de 2025 do ciclo “A RSEAPS e os seus fondos artísticos”, organizado por esa institución coa colaboración do Grupo de Investigación IACOBUS da Facultade de Xeografía e Historia da USC, partirá do óleo de 1889 “Reina María Cristina con el infante Alfonso XIII”, obra de José María Fenollera, que precisamente forma parte do patrimonio pictórico da Real Sociedad compostelá.

A encargada de presentar a Rey Cabezudo será Margarita Barral Martínez, profesora titular de Historia Contemporánea da USC, nunha mesa que encabezará o presidente da RSEAPS, Francisco Loimil Garrido. O foro estará aberto ás preguntas do público asistente -cuxo acceso é libre e gratuíto ata completar o aforo da sala-, trala intervención da ponente. Ademais, o acto será retransmitido en directo a través da canle de You Tube da Real Sociedad:

RSEAPS-Amigos del País https://www.youtube.com/@rseamigosdelpaissantiago

mediante a ligazón: https://youtube.com/live/OHK9q2h65sg?feature=share

Compartir Noticia

Facebook
WhatsApp
Email
Twitter
LinkedIn
Resumen de privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.