Benvida do Presidente
A miña intención con esta mensaxe de benvida á nosa páxina web e ó noso museo virtual é, en primeiro lugar, agradecer aos socios da Real Sociedade Económica e ás persoas e institucións públicas e privadas que colaboraron coa nosa Institución desde o ano 2006, ano no que me incorporei á Xunta Directiva da Real Sociedade Económica como vicepresidente, todo o apoio recibido e a participación e coorganización nas actividades que levamos a cabo durante estes anos.
Iniciamos no ano 2006, coincidindo coa posta en marcha ese mesmo ano da páxina web que agora actualizamos coa nova tecnoloxía incorporando o noso Museo Virtual da Sociedade, unha nova etapa na historia da RSEAPS. Para impulsala e coa intención de que a Real Sociedade Económica recuperase o protagonismo e a influencia que tivera sempre en Santiago de Compostela e Galicia, celebrouse unha grande exposición sobre a historia e realizacións da Sociedade Económica, que estivo aberta desde finais do ano 2006 ata principios de 2007. Esa exposición, O Efecto das Luces tivo un gran éxito e serviu para dar a coñecer os principais logros da Sociedade Económica desde o ano da súa fundación en 1784, e que abarcaron campos tan diversos como a economía, agricultura, gandería, pesca, industria, comercio, educación e cultura, seguindo sempre o establecido no artigo 2º dos Estatutos:
“Os obxectivos da Real Sociedade Económica de Amigos do País son o fomento dos valores morais e culturais, e os intereses do pobo galego. A súa lema é “socorrer ensinando”, e a súa misión inspirarase no logro do benestar e o amor á cultura que estiveron presentes na Real Sociedade Económica de Amigos do País desde a súa fundación.
Para lograr estes obxectivos a RSEAPS valerase de medios como a organización e posta en práctica de actividades docentes, culturais, sociais e económicas orientadas a fomentar o progreso do pobo galego”.
Despois deste primeiro paso, un dos obxectivos que nos propuxemos foi inventariar, catalogar e informatizar todo o patrimonio artístico e documental propiedade da Sociedade Económica, o que logramos grazas ao patrocinio da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia e a Fundación Barrié. Tamén para a realización de actividades contamos co apoio da Deputación provincial da Coruña, o Concello de Santiago e Caixa Galicia (actual Abanca).
Outro obxectivo que nos marcamos foi o de dar a coñecer a personaxes ilustres vencellados á historia da Sociedade Económica (presidentes, directivos, socios, mecenas…), e que consideramos logramos con actuacións como a organización de ciclos de conferencias, a colaboración en exposicións e a organización do Premio Domingo Fontán, para o que contamos co apoio da Universidade de Santiago de Compostela e o Consorcio da cidade de Santiago.
A través desta páxina web, tentamos mostrar todas as realizacións e noticias que foi xerando ao longo destes últimos anos, a Sociedade Económica, e que fose un lugar para manter informados os socios e ás persoas interesadas na historia da Sociedade Económica. Tamén fomos incorporando novas seccións, segundo as necesidades que imos detectando, destacando entre elas o Arquivo dixital, que permite consultar a través da páxina web toda a documentación dixitalizada do Arquivo documental da Sociedade.
Seguimos con ilusión, como xa fixemos no ano 2006, dando a coñecer o patrimonio e historia da Real Sociedade Económica siñificando o seu posicionamento na sociedade actual e a súa boa sintonía e colaboración con outras institucións. A posta en marcha do Museo Virtual permítenos coñecer a golpe de clip, todo o patrimonio pictórico, escultórico e cerámico da Sociedade, así como descubrir quenes foron os seus benefactores e directivos durante este 239 anos de historia.
Santiago de Compostela a novembro de 2021
Francisco Loimil Garrido Presidente da RSEAP
XUNTA DIRECTIVA
a data de novembro de 2021
Socios
FACERSE SOCIO
Procedemento de admisión de socios (art. 22 dos Estatutos Sociais)
As persoas físicas que desexen inscribirse como socios da Real Sociedade Económica de Amigos do País deberán reunir os seguintes requisitos: a) Ser maior de idade. b) Comprometerse cos fins da Sociedade e colaborar con ela para conseguilos. c) Comprometerse a manter un comportamento leal coa Empresa. d) Aceptar os presentes Estatutos e, se é o caso, o Regulamento de Réxime Interno, que a Sociedade estableza de cando en vez. Para iniciar o proceso de admisión, os aspirantes a socios deberán ser presentados por dous socios cunha antigüidade mínima de 4 anos na Sociedade, solicitaránllo ao Presidente por escrito, no que se incluirán os datos persoais solicitados pola Real Sociedade Económica. O presidente porao en coñecemento da Xunta Directiva, para que este decida sobre a admisión ou a non admisión dos aspirantes, para o cal a Xunta Directiva poderá solicitar os informes que considere necesarios.
PRECURSORES
- All
- Benefactores
- Directivos
- Presidentes
- Vicepresidentes
D. Antonio de Páramo Somoza y Sangro
D. Sebastián Malvar e Pinto (1786)
D. Pedro Antonio Sánchez Vaamonde (1789)
D. Juan Armada, Marqués de Sta. Cruz de Rivadulla (1834 – 1840)
D. Luís de la Riva (1840– 1850)
D. Antonio Casares Rodrigo (1850 – 1858)
D. Juan José Viñas (1858 – 1859 e 1866 – 1867)
D. José Varela de Montes y Recamán (1859 – 1860 e 1861 – 1865)
D. Domingo Fontán Rodríguez (1860 – 1861)
D. Bernardo Portela Pérez (1865 – 1866 e 1869)
D. Narciso Zepedano
D. Maximino Teijeiro Fernández (1869 – 1871)
D. Vicente Martínez de la Riva (1871 – 1873)
D. Melchor Salvá (1873 – 1876)
D. Salvador Parga Torreiro (1876-188)
D. Luís Rodríguez Seoane (1885 – 1886)
D. Joaquín Díaz de Rábago ( 1886 – 1890)
D. Ramiro Rueda Neira (1890 – 1899)
D. Cleto Troncoso Pequeño (1899 – 1906)
D. Santiago de Andrés Moreno (Secretario)
D. Eduardo Vilariño Magdalena ( 1906 – 1911)
D. José Varela de Limia y Menéndez (1912 – 1919)
D. José Rivero de Aguilar y Gutiérrez de la Peña (1920 – 1926)
D. Luís Fernández Garrido (1927 – 1932)
D. Luís Blanco Rivero (1933 – 1940)
D. Andrés Díaz de Rábago (1941 – 1942)
D. Emilio Méndez Brandón Bartolomé (1942 – 1962)
D. Juan Gil y Armada, Marqués de Figueroa (1962 – 1981)
D. Ricardo Bescansa Martínez (1981 – 1986)
D. Clemente González Peón (1986 – 2006)
D. Juan Bautista de la Salle (2006-2018)
D. José Sánchez Villamarín, Vicepresidente (1861)
D. Manuel Pereiro Caeiro
D. Eugenio Montero Ríos
D. Manuel Lago González (Cardeal)
A nosa sede actual
Ao longo da súa historia, non sempre gozou a Sociedade dun local propio; comezou en 1784 realizando as súas reunións no Concello de Santiago. A Sociedade atopouse en ocasións co problema de non dispoñer de locais o suficientemente grandes e acondicionados para poder desenvolver as súas actividades, nomeadamente as das súas escolas.
Actualmente
En 1955 instálase nun edificio propiedade de Caixa Galicia sito na Praza Salvador Parga nº 4, praza que leva o nome do que fose Presidente da Sociedade Económica o período que abrangue de 1876 a 1884, D. Salvador Parga Torreiro, e onde aínda permanece na actualidade.