O 23 de abril de 2018, a Real Sociedade Económica de Amigos do País da cidade de Santiago presentou ante a Deputación da Coruña a solicitude e documentación necesaria para a realización da “Convocatoria do programa de subvencións a entidades lucrativas para a realización de de actividades culturais durante o ano 2018″. Destacando na solicitude e como obxectivo as seguintes actividades: “Xestión, mantemento, actualización e custodia do Arquivo, Biblioteca e Pinacoteca. Edición de publicacións e organización do Premio Domingo Fontán ”. No BOP (número 236) do 12 de decembro de 2018 publicouse a resolución pola que se aproba a concesión definitiva da subvención á Sociedade Económica, por un importe de 7.500,00 euros.
Resumen de privacidade
Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.