A investigadora-doutora da Universidade de Vigo Mónica Rey Cabezudo será a protagonista da conferencia “Pisando como nunha pasarela: o calzado e a moda a través dos botíns da RSEAPS”, na que baseará a súa intervención nesa peza de calzado que forma parte do patrimonio da Real Sociedad.

A cita, mañá mércores, ás 19,30h, na Real Sociedad Económica de Amigos del País de la Ciudad de Santiago (RSEAPS), dentro do programa de 2026 do ciclo “A RSEAPS e os seus fondos artísticos”, que a Real Sociedad organiza en colaboración co Grupo de Investigación IACOBUS da Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de Compostela.
Rey Cabezudo será presentada por María Dolores Barral Rivadulla, profesora titular e vicedecana da Facultad de Xeografía e Historia da USC, nun acto que conducirá Francisco Loimil Garrido, presidente da Real Sociedad compostelá.
O aforo é libre e gratuíto ata completar o aforo da sala e os asistentes poderán plantexar cuestións á ponente trala súa intervención. Ademais, a RSEAPS retransmitirá a conferencia en directo pola súa canle de you tube: RSEAPS-Amigos del País https://www.youtube.com/@rseamigosdelpaissantiago
a través da ligazón: https://youtube.com/live/KXL9w1TzHWk?feature=share



