A presidenta do Padroado do Museo do Pobo Galego (entre maio de 2022 e maio de 2026) Concha Losada Vázquez disertará mañá, ás 19,30h, na Real Sociedad Económica de Amigos del País de la Ciudad de Santiago (RSEAPS), sobre esa institución cultural que encabezou, como instrumento da sociedade civil ao servizo da construción do país.

Na mesa de debate, incluída na programación de 2026 do ciclo “Compostela 2023-2027. Presente e futuro” da Real Sociedad Económica, o encargado de presentar á ponente será Luis García Varela, directivo da RSEAPS, co seu presidente, Francisco Loimil Garrido, como condutor do acto.
O foro estará aberto ás preguntas do público asistente -cuxo acceso é libre e gratuíto ata completar o aforo da sala-, tras a intervención de Losada. Ademais, o acto será retransmitido en directo pola canle de You Tube da Real Sociedad: RSEAPS-Amigos del País https://www.youtube.com/@rseamigosdelpaissantiago a través da ligazón: https://youtube.com/live/PPN3CLVcucc?feature=share



