Author picture

JUAN CASARES GLOSARÁ A FIGURA DO GRAN QUÍMICO ANTONIO CASARES, O SEU TATARAVÓ, REITOR DA USC E DIRECTOR DA RSEAPS

Cuarta mesa de debate en 2024 do ciclo “Compostela 2023-2027. Presente e futuro”, organizado pola Real Sociedad Económica de Amigos del País de la Ciudad de Santiago. O protagonista será mañá, 24 de abril, ás 19,30h, o ex reitor da Universidade de Santiago de Compostela e catedrático de Enxeñería Química da USC Juan Casares Long, que disertará sobre a figura do gran químico galego Antonio Casares, o seu tataravó, que entre outras cousas foi reitor da USC e director da RSEAPS.

Retrato de Antonio Casares

O encargado de presentar a Juan Casares será Luis García Varela, directivo da Real Sociedad Económica, nun acto que conducirá o presidente da RSEAPS, Francisco Loimil Garrido. O acceso para o público é libre e de balde ata completar aforo e a mesa de debate será retransmitida ademais a través da canle de You Tube da RSEAPS: RSEAPS-Amigos del País https://www.youtube.com/@rseamigosdelpaissantiago

mediante a ligazón:  

Compartir Noticia

Facebook
WhatsApp
Email
Twitter
LinkedIn