Dispoñemos de unha sección de novas onde poderás manterte ó tanto das novidades da nosa sociedade.
Fundadores e inicios
Os fundadores da Sociedade Económica de Santiago: don Antonio Páramo Somoza y Sangro, don Pedro Antonio Sánchez Vaamonde, don Luís Marcelino Pereira, don Benito Gil Lemus e don Antonio Gil Lemus; presentaron ao Consello de Castela, o 13 de decembro de 1783, unha petición, co obxecto de que se lles concedese licenza para establecer en Santiago unha Sociedade Patriótica de Amigos do País, baixo o título de Sociedade Económica do Reino de Galicia, e que se aprobasen os Estatutos que elaboraran para o seu réxime e goberno. O 24 de decembro de 1783, asinábase o oficio no que se atendía á petición do establecemento en Santiago de Compostela dunha Sociedade Económica de Amigos do País, co obxecto de fomentar as Artes e Industrias. Sesión Inaugural, foi o 15 de febreiro de 1784, ás tres da tarde e o discurso inaugural pronunciouno Don Antonio Páramo Somoza y Sangro.
HOXE 239 ANOS DESPOIS
Francisco Loimil Garrido, preside unha Sociedade aberta a novos socios e mostra gratuitamente os seus fondos bibliográficos, de arquivo e pictóricos.
Solicita gratis unha visita escribíndonos un email a
Novas RSEAPS
CASARES LONG: “ANTONIO CASARES FOI UNHA REFERENCIA DA CIENCIA NUN IMPERIO ESPAÑOL EN PLENA DECADENCIA”
O ex reitor e catedrático de Enxeñería Química da Universidade de Santiago de Compostela Juan Casares Long protagonizou unha mesa...
Leer másJUAN CASARES GLOSARÁ A FIGURA DO GRAN QUÍMICO ANTONIO CASARES, O SEU TATARAVÓ, REITOR DA USC E DIRECTOR DA RSEAPS
Cuarta mesa de debate en 2024 do ciclo “Compostela 2023-2027. Presente e futuro”, organizado pola Real Sociedad Económica de Amigos...
Leer másBASES 9º PREMIO DOMINGO FONTÁN (CONVOCATORIA 2024-2025)
PREMIO DE INVESTIGACIÓN HISTÓRICA “DOMINGO FONTÁN” REAL SOCIEDAD ECONÓMICA DE AMIGOS DEL PAÍS DE LA CIUDAD DE SANTIAGO – UNIVERSIDADE...
Leer másDAVID CHAO: “JUAN JOSÉ VIÑAS SITUOU Á UNIVERSIDADE DE SANTIAGO Á ALTURA DAS PRIMEIRAS UNIVERSIDADES DE ESPAÑA E LEVOUNA AO SEU MAIOR ESPLENDOR”.
David Chao Castro, profesor de Historia da Arte da USC, destacou hoxe “a transcendencia da figura de Juan José Viñas,...
Leer másAgradecementos
A RSEAPS creou esta sección dentro da súa páxina web para agradecer ás persoas e entidades públicas ou privadas que colaboraron, colaboran e colaborarán coa Sociedade Económica no desenvolvemento das súas actividades, xa sexa mediante convenios, subvencións, doazóns ou calquera outro tipo de achega. ou apoio.