Author picture

A REAL SOCIEDAD ECONÓMICA SERÁ ESCENARIO DUN DEBATE SOBRE A SITUACIÓN DOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN EN SANTIAGO

Mañá, martes 14 de novembro, ás 19,30h, na sala de xuntas da sede da Real Sociedad Económica de Amigos del País de la Ciudad de Santiago, terá lugar unha nova mesa de debate do seu ciclo “Compostela 2023-2027. Presente e futuro”, baixo o título “Os medios de comunicación na capital de Galicia”.

Moderado polo presidente da Asociación da Prensa de Santiago, Luis Menéndez Villalba, e presentado por Francisco Loimil Garrido, presidente da RSEAPS, o debate contará coa participación de Ignacio Carballo González, delegado en Santiago de La Voz de Galicia, Xaime Leiro Darriba, director de El Correo Gallego, e Lara Salgado Santos, redactora en Santiago de Radio Galicia-Cadena Ser.

A RSEAPS lembra que tódolos actos do ciclo “Compostela 2023-2027. Presente e futuro” son de acceso de balde para todo o público ata completar aforo. A mesa de debate sobre medios de comunicación en Santiago de Compostela será emitida ademais pola canle de You Tube da Real Sociedad, a través da seguinte ligazón:

Compartir Noticia

Facebook
WhatsApp
Email
Twitter
LinkedIn