Author picture

ÁNGEL CARRACEDO AVANZARÁ CÓMO SERÁ A MEDICINA DO FUTURO NUNHA MESA DE DEBATE NA REAL SOCIEDAD ECONÓMICA

Segunda mesa de debate en 2024 do ciclo “Compostela 2023-2027. Presente e futuro”, organizado pola Real Sociedad Económica de Amigos del País de la Ciudad de Santiago (RSEAPS). O protagonista será mañá, 28 de febreiro, ás 19,30h, o catedrático de Medicina Legal da USC e director executivo da Fundación Pública de Medicina Xenómica Ángel Carracedo Álvarez, que disertará sobre sanidade coa conferencia titulada “Anticipando a medicina do futuro”.

O encargado de presentar ao profesor Carracedo será Luis García Varela, directivo da RSEAPS, nun acto que encabezará o presidente da Real Sociedad, Francisco Loimil Garrido. O acceso para eo público é libre e de balde ata completar aforo e a mesa de debate será retransmitida a través da canle de You Tube da RSEAPS: RSEAPS-Amigos del País https://www.youtube.com/@rseamigosdelpaissantiago mediante a ligazón: https://youtube.com/live/_uHU4-HnEmw?feature=share

Compartir Noticia

Facebook
WhatsApp
Email
Twitter
LinkedIn