Author picture

AS INFRAESTRUTURAS, A SÚA XESTIÓN E O PROXECTO DE CIDADE, A DEBATE NA RSEAPS

unidad didáctica de la rseaps

Mañá, mércores 27 de setembro, ás 19,30h, na sede da Real Sociedad Económica de Amigos del País de la Ciudad de Santiago (RSEAPS), terá lugar unha nova mesa de debate do ciclo “Compostela 2023-2027. Presente e futuro”. Desta volta, a reflexión xira arredor do futuro das infraestruturas en Compostela, a súa xestión e o proxecto de cidade, e correrá a cargo do filólogo e novelista Xosé Manuel Villanueva, ex tenente de alcalde do Concello compostelano, ex xerente do Consorcio de Santiago e ex xerente tamén -en tres etapas distintas- da USC.

O encargado de presentar a Villanueva, que ademais é presidente da Fundación Meniños de protección á infancia, será Fernando Barros, secretario da Real Sociedad Económica. Compre lembrar que todas as mesas de debate incluídas neste ciclo son de acceso libre para todo o público ata completar aforo.

Compartir Noticia

Facebook
WhatsApp
Email
Twitter
LinkedIn