Author picture

DANIEL MENA, PREMIO DOMINGO FONTÁN DE INVESTIGACIÓN HISTÓRICA DA RSEAPS, A USC E O CONSORCIO DE SANTIAGO

Daniel Mena Acevedo, doutor en Historia Moderna pola Universidade de Santiago de Compostela, foi o ganador do VIII Premio Domingo Fontán de investigación histórica, galardón bianual, dotado con 2.000 euros, que organizan a Real Sociedad Económica de Amigos del País de la Ciudad de Santiago, a Universidade compostelá e o Consorcio de Santiago.

O traballo titulado “Casas de señores. As élites e as súas residencias en Santiago de Compostela a finais da Idade Moderna” fíxosese acredor do premio pola súa “rigurosidade científica, así como polo amplo coñecemento do tema urbano e arquitectónico” desenvolvido nesa etapa histórica na capital galega.

O xurado salienta ademais que o seu autor consultara para a súa elaboración “unha ampla bibliografía específica, así como diversos arquivos históricos, entre os que se atopa o da Real Sociedad Económica de Amigos del País de la Ciudad de Santiago”.

Mena Acevedo recibirá o diploma acreditativo e a dotación económica do premio -que conleva tamén a publicación da obra elixida entre as candidatas e a súa posterior presentación-, nun acto público que terá lugar próximamente na sede da Real Sociedad Económica.

O premiado obtivo o doutorado en Historia Moderna coas mencións cum laude e doutorado internacional, gracias á súa tese “Ámbito doméstico e condicións de vida das élites do noroeste peninsular a finais do Antigo Réxime”, que realizou no marco dun contrato predoutoral para a Formación do Profesorado Universitario (F.P.U.), baixo a dirección de Ofelia Rey Castelao e Pegerto Saavedra Fernández.

Mena Acevedo é graduado en Historia e máster universitario en Profesorado de Educación Secundaria pola Universidade de Santiago, ambos os dous con premio extraordinario. Realizou estadías de investigación na Universidade da Sorbona (Francia), baixo a supervisión de François-Joseph Ruggiu, e na Universidade Nacional da Prata (Arxentina), baixo a supervisión de Víctor Osvaldo Pereyra.

Así mesmo, participa en proxectos de investigación nacionais e internacionais como o “Rebellion and Resistance in the Iberian Empires, 16th-19th centuries” ou o “Ciudades y villas atlánticas del Noroeste Ibérico: gobernanza y resistencias en la Edad Moderna.

Algúns resultados das súas investigacións foron presentadas en distintos seminarios e congresos nacionais e internacionais, organizados por institucións como o University College London (UCL), l’École des Hautes Études en Sciences Sociales (EHESS), o Colexio de España en París, a Associazione Italiana di Storia Urbana (AISU), a Universidade do Minho (UM), a Universidade Nacional da Prata (UNLP), a Universidade Nacional de San Martín (UNSAM) e a Fundación Española de Historia Moderna (FEHM), entre outras. E ten publicado traballos diversas revistas científicas como “Erasmo. Revista de Historia Bajomedieval y Moderna”; “Magallánica. Revista de Historia Moderna”; ou “Cadernos de Estudos Galegos”.

Compartir Noticia

Facebook
WhatsApp
Email
Twitter
LinkedIn