Author picture

O PRESIDENTE DA RSEAPS AVOGA POR FORTALECER A RELACIÓN ENTRE A CULTURA E A CIENCIA, NO CONGRESO NACIONAL DE REALES SOCIEDADES

O presidente da Real Sociedad Económica de Amigos del País de la Ciudad de Santiago, Francisco Loimil, asistiu ao Congreso Nacional de RSEAP, desenvolvido en Zaragoza e organizado pola Real Sociedad aragonesa e a Fundación Ibercaja, no que expuxo unha ponencia sobre cultura e ciencia nas Sociedades Económicas.

Loimil iniciou a súa intervención facendo unha definición dos conceptos de cultura e de ciencia, cualificándoas como “piares esenciais e fundamentais para comprender e mellorar o mundo no que vivimos, e para comprender os desafíos e oportunidades que afrontamos no século XXI”.

Despois de debullar as fondas transformacións ocasionadas polos avances científicos, así como o papel desempeñado pola cultura no seu desenvolvemento, sostivo como primeira conclusión que a “ciencia é un piar esencial da cultura contemporánea” e que ambas están intrínsecamente relacionadas.

O presidente da RSEAPS alertou, non obstante, da fenda que pode xerarse entre ciencia e sociedade, “o que pode levar a malentendidos e desconfianza”, pudindo verse tamén ameazada a sociedade pola ciencia e “pola perda de tradicións culturais fronte á globalización tecnolóxica”.

Para aproveitar a relación entre cultura e ciencia, considera Lomil que é necesaria a sinerxia entre as dúas. Así, avoga, entre outras medidas, por promover a alfabetización e o diálogo aberto entre científicos e público; así como pola colaboración interdisciplinaria para abordar os novos desafíos.

Ao seu xuízo, esa relación é a que permitirá “a construción dun futuro máis brilante e enriquecedor”. Un marco conceptual, relatou, que permitiu que, ao longo da historia da Real Sociedad Económica de Santiago e baixo o seu lema fundacional, “Socorrer ensinando”, creáranse numerosas escolas para suplir a carencia das escolas públicas. Actividades múltiples ás que, apuntou, “no chegan as administraciónes e que son suplidas pola Económica, ata que aquelas dean cobertura á deficiencia”.

Loimil tamén enumerou na súa ponencia as diversas iniciativas que vén desenvolvendo a RSEAP de Compostela, “mantendo o ideario que deu orixe á institución”. Entre elas, referíuse ao Premio de Investigación Histórica Domingo Fontán; aos ciclos de debate “Compostela 2023-2027. Presente e futuro” e “A real Sociedad Económica de Amigos del País de la Ciudad de Santiago e os seus fondos artísticos”; á coedición de libros sobre estudos de Compostela; á creación dunha unidade didáctica sobre a Ilustración; ou á colaboración co Compostela Sound.

Compartir Noticia

Facebook
WhatsApp
Email
Twitter
LinkedIn