Author picture

ROBERTO BLANCO VALDÉS ABRIRÁ O CICLO DE DEBATE DA RSEAPS CUNHA CONFERENCIA SOBRE ORDENACIÓN TERRITORIAL EN ESPAÑA

O catedrático de Dereito Constitucional da Universidade de Santiago de Compostela Roberto Blanco Valdés dará o pistoletazo de saída á edición de 2024 do ciclo de debate “Compostela 2023-2027. Presente e futuro”, da Real Sociedad Económica de Amigos del País de la Ciudad de Santiago (RSEAPS), cunha conferencia sobre un tema de máxima actualidade, titulada “De Santiago a Madrid, pasando por Galicia: a ordenación territorial en España”.

A RSEAPS lembra que este debate, como tódolos programados ao longo de 2024 dentro do ciclo da Real Sociedad, son de acceso libre e de balde ata completar aforo, e convida a asistir e a participar neles a tódalas persoas que o desexen. Nos próximos meses están previstas disertacións do catedrático de Medicina Legal da USC e director da Fundación Pública de Medicina Xenómica, Ángel Carracedo; o catedrático de Teoría da Literatura e de Literatura Comparada da USC, ex presidente da RAE e ex rector da USC, Darío Villanueva; o actual reitor e catedrático de Dereito Financeiro e Tributario da USC, Antonio López; o profesor de Ciencia Política e da Administración da Universidade compostelá, Miguel Anxo Bastos Boubeta; o ex reitor e catedrático de Enxeñería Química da USC, Juan Casares Long; o tamén ex reitor e catedrático de Medicina Aplicada da USC, Juan Viaño; o arcebispo compostelán, Francisco José Prieto Fernández; a xerente do Consorcio de Santiago, Belén Hernández; o catedrático de Economía Financeira da USC José Antonio Redondo; ou o presidente do Consello Galego de Economistas, Miguel Vázquez Taín, entre outros.

Compartir Noticia

Facebook
WhatsApp
Email
Twitter
LinkedIn